viernes, 5 de abril de 2019

VISITA O TERRA DE TURONIO


O pasado xoves 30 de marzo, os alumnos de Educación Primaria do noso centro, compartiron unha xornada radiofónica no IES Terra de Turonio, alí puideron ter una achegamento a radio das mans de uns expertos.
FOI UNHA EXPERIENCIA XENIAL!


lunes, 25 de febrero de 2019

RICARDO BLACH, PATRÓN DO ALAKRANA

E como este ano o noso tema é o mar seguimos con el a voltas na nosa radio.

Non podíamos esquecernos do secuestro do atuneiro Alakrana en outubro do 2009. Un feito que conmocionou a España e especialmente ao Val Miñor xa que había tripulantes veciños, o mesmo patrón é de Baiona. Un acontecemento que marcou un antes e un despois na seguridade dos barcos que faenan no Índico.

O pasado 30 de xaneiro visitounos Ricardo Blach, patrón do Alakrana. Falou do secuestro, da dureza e agresividade coa que foi tratado, da situación de outros barcos que tamén estaban secuestrados. Pero fundamentalmente falounos do mar, dos 36 anos que leva na compañía e dos distintos barcos que dirixiu.

Ricardo procede de familia de mariñeiros de Baiona e contaxiounos da paixón que ten polo mar. Durante duas horas falamos de como é a vida no mar, de como se levan as relacións familiares, dos problemas de convivencia, das dificultades de comunicación que supón a convivencia de varias nacionalidades e culturas...

Unha xornada moi interesante que mantivo a atención da totalidade do alumnado e do claustro do CEE de Panxón.

¡Moitas gracias RICARDO polas tuas ensinanzas!😊

viernes, 15 de febrero de 2019

O CAPITÁN MIGUEL EN FRIKEANDO NAS ONDAS

Hoxe tivemos a oportunidade de achegarnos ao mundo do mar, gracias ao capitán Miguel, de Baiona, que tivo a ben achegarse aos nosos estudios para compartir con nós as súas vivencias ao longo de mooitos anos de navegación polas augas de diferentes océanos. Nesta entrevista puidemos comprender de primeira man o que é vivir no mar. 
MOITAS GRACIAS A MIGUEL E A TODOS OS QUE TRABALLAN NO MAR!!!

jueves, 14 de febrero de 2019

FRIKEANDO NAS ONDAS ENTREVISTA AO ALCALDE DE NIGRÁN

O pasado día 31 de xaneiro recibimos a visita do Alcalde de Nigrán, Juan González, co cal tivemos a oportunidade de charlar xunto co noso director, Rafael Lores sobre as súas visións da educación, do noso modo de traballar e tamén demos a coñecer o noso novo proxecto aeroespacial, o lanzamento dun globo meteorolóxico á estratosfera, o cal lle pareceu moi ilusionante e co que se comprometeu a colaborar desde o Concello.
Agradecemos a súa presencia nas nosas instalacións e a súa dispoñibilidade e participación no noso espacio radiofónico.
Aquí tendes o podcast: